Non se me dá ben iso de escribir algo a alguén, pero vou facer un esforzo por ti. Cómo podo seguir impasible ante todo o que fas por min? A resposta e simple, non podo. Non podo ser impasible ante ter cóxegas cada vez que te vexo, tremer cando sinto os teus beizos nos meus e sentir calafríos cando os sinto na miña pel. Sentirme nunha nube cando me abrazas mimida e espida. Intentar facer todo por ti como ti o fas por min estase a convertir en norma. +Por certo. -Que? Nononono. +Rote. O 4-5 ímosnos ver e vai ser como asjfjwkgke. Bicos pequecha, bon nadal e boas festas e xa sabes, quérote moito.
xoves, 25 de decembro de 2014
domingo, 21 de decembro de 2014
Un XXVII de Outubro do ano MMXIV.
Queridos reis magos:
Grazas por traerme o mellor agasaio do mundo. Quero moitísimo a esta mongoliña de letras que é o mellor do mundo. "Quérote mundos" me di e a verdade é que eu non a quero menos. Dende que a puxeches na miña vida a 27 o único que quixen foi tar con ela, porque o é todo. É maja, é un amor, ten sentido do humor, e é adorable. Bo nadal e próspero aninovo di a xente, eu dígolle a pasalo de puta nai e a desfrutar da vida e de min. Que Antía nesto non ten nada que ver e que que miña nai sepa da presenza do agasaio é cuestión de días. PD: Divírtete nas vacacións que tanto nas boas como nas malas xa sabes que estarei.
Ata o 5 "fea de letras á que odio".
mércores, 10 de decembro de 2014
Como...
Como unha vida paralela. Como unha canción de Fito. Como o vento na ventá. Como un acorde de Iñaki. Como un verso de Castelao. Como unha racha de vento en Finisterre. Como a calor da chama na chimenea. Como unha cabeza chea de paxaros, disecados. Como a ferida dun coitelo. Como un corazón feito anacos. Como un mes frío de maio. Como a luz do sol nun decembro, non quenta. Como a lúa chea para os amantes estragados. Como a vida sen goberno. Como un anxo caido do ceo. Como o cu do vaso de wisky. Como unha vida sen desexos. Como un poeta nun deserto....
venres, 26 de setembro de 2014
Dolor póstumo.
Unha noite, un rapaz chamou á porta dunha casa pedindo unha limosna, a rapariga que lle abriu deulla. Pero meteulle na cunca un rato co que pelexou. Ao final o rapaz ía coller a limosna, e xusto cando a ía coller e a rozaba a rapaza retirouna e fechou a porta.
Pois ben, ese conto é a historia dunha amada, que levou consigo non só a limosna, senón tamén gran parte do meu ser, e teño que darlle as grazas á unha persoa que gardou unha copia de min pra poder seguir sendo algo semellante a min. Pero recuperar o meu ser non me fai vivir ledo nen moito menos, esa limosna xa non existe, a rapariga gastouna no mercado e eu sigo a morrer de fame. Non é complexa a miña metáfora mais si que o é a historia que hai nela, cada gravado que fai da historia unha novela de ficción e realidade. Cun punto romántico e unha fin amarga. Ela levou a miña limosna, e levoume a min, porque sorrir non podo de verdade, mais ca un anaquiño ao día, ao desconectar nas clases onde me ensinan a darlle limosnas aos rapaces de 0-6 anos. O peor é que limosno á mesma persoa, pero espero non limosnala máis.
mércores, 10 de setembro de 2014
Amor.
mércores, 18 de xuño de 2014
Qué dura é a vida do poeta!
Non son cancións as que definen ben a unha persoa, pero fanche ver por onde vai o seu mundo, amigos, ocio, traballo. E definitivamente fanche un mapa emocional da persoa...ou non. Nestes intres escoito My Apocalypse de Escape the fate. Esta canción faime sentir algo mellor nos intres nos que o poeta sofre de pesadelos sentimentais. Teño un libro a recuperar e moito que facer nun vrau ocupado. Con un corazón repartido me atopo e non ten pinta de ir a millor. Querer é meu maior defecto, á par cá miña millor virtude. Que dura é a vida do poeta! Un poeta non ten que facer un poema pra selo. É cuestión de sentilo e vivilos. O mundo doe e tratas de milloralo. Un poeta non escribe, só transmite.
luns, 9 de xuño de 2014
Venandi et homines.
Ás veces unha persoa só sinte a compaña da súa almofada, nin a si mesma se deixa acompañar, pois non desexa ser ela mesma. Non por iso despreza a vida, pois o único que lle gostaría sería vivir noutro corpo. Nun mundo onde os cabrós morren e a humanidade só fai estragos a si mesma como dixen nun post anterios (cortándose as ás), non hai peor cousa ca non quererte, e non é raro hoxe en día, pois todo se trastoca pra facer un día normal nunha kk e ver que todo o tempo invertido nunha persoa o tira pola borda nun momento no que ves caer unha parte de ti. Esmagada contra o chan a causa da forza descuberta por Newton, fará cousa de trescentos anos? Pode ser. Pero esa parte miña, morta xa polo efecto da gravidade non é máis ca outro anaco de min desprendido pola regra xeral que teño de querer e axudar. Ser boa persoa só me serviu para que me esmaguen cal formiga día a día. Pero o cambio non chegou pois a lus desta vela nunca morre. Miña forma de ser é produto duns valores que antepoño ante todo crime e dor que me causen, porque non nego un saúdo e unha reconciliación co mundo. Porque o pardal non foi comido polo lobo. Porque o lobo ferido non se rende ante unha humanidade que o destroza. O lobo aguanta. O lobo resiste. O lobo pode. O lobo, ferido gravemente, non deixará aos demáis lobos a pesar desta humanidade suicida. Esta humanidade brutal e guerrilleira internamente. Porque o capitalismo arrasou coa perspectiva social da xente. Porque non vexo a fin da lista de persoas personalistas e caprichosas que estas cidades e súa forma de entender o mundo lle deu a esta penúltima humanidade. Porque o superhome non é bon. Porque o bon cristiano non é tan bon. Porque o lobo trata de ver un camiño de bondade que non existe ultimamente. Porque o lobo tratou de facer xustiza cuns furtivos de persoas, cuns furtivos de vidas.
martes, 3 de xuño de 2014
A dureza tenra.
Ogallá puidera explicar este cambio que me aconteceu nestes meses, supoño que sería a dureza do selectivo, ou a dureza da vida en xeral. Pero tamén cambiou miña forma de tratar á xente, sendo duro con quen fixo algo mal sen deixar agochada unha pouca tenrura, coma se de un pai me tratase. O certo é que o cariño que nesa dureza amosei non foi máis ca a miña forma de expresarlle ante esa persoa que ten que darse conta das cousas, que vou estar con ela, pero que ten que porse en pé e seguir adiante. Tal vez fun moi duro últimamente con Minia. Pero se les isto quero dicir que estando ausente seguinme a preocupar polos teus problemas, que non me esquezo da xente realmente importante e que a dureza de cando cometiches erros e estabas afundida foi dende o cariño coa intención de que melloraras e maduraras como rapaza. Que en un ano, un mes e dous días eres muller. Quérote Mimi. Non o esquezas.
luns, 19 de maio de 2014
Pugnam
Unha vida, unha historia de tendencia a mellorar a vida de toda a clase traballadora para que agora en 5 anos nos desmantelen eses logros e a xente diga que están dacordo. Non vexo ninguén loitando polo seu e dos demais. Só catro gatos coma Fuco, Giulia, eu e así non imos a ningures. "O pobo, unido, xamais será vencido." Certo, pero tense que unir todo o pobo, mirade vídeos de protestas en Madrid, todos xuntos coma irmaus, axudándose. No momento no que todos nos unamos, independentemente da nacionalidade, conseguirémolos cambios que temos que recuperar e os que nos quedan por conseguir. Clase obreira, aburguesados(no fondo obreiros), chámovos á loita social para recuperar o noso.
domingo, 18 de maio de 2014
Mors omnes aeque.
Non eran homes, neses momentos da historia só importaba o que ti pensabas. Ías morrer por ideoloxía e non por matar a persoas. Pero míraios alí tombados nas cunetas. Republicanos, monárquicos e falanxistas. Todos nas mesmas cunetas, todos mortos que deixan tras de sí toda a maldade duns por rematar coa conquista e a rabia doutros que protexían o seu modo de supervivencia. Non ten máis lóxica de seu. Só podían ver o dano que os outros lle causaron ao seu bando. Mulleres violadas, xente que foi dar un "paseo", soldados torturados, e os grades cabecillas, oh os grandes cabecillas. Que foi deles? Marcharon uns e gobernaron os outros e mentres, España, e en especial as comarcas do norte padeceron a peor represión posíbel. O cuñado de miña bisavoa desapareceu, un cadáver máis dos que xa non están e xamais retornarán. Porque media España era republicana e a outra media era represaliada. Boten contas das guerras que houbo, ningunha máis debe haber, así que deixen de votar a esos porcos, que se atopan no poder.
xoves, 20 de marzo de 2014
Vitae.
Son momentos de confesión. Momentos de verte máis só cá unha. Non tendo quen amar. Non tendo quen te ame. Un sol metido de cheo nun buraco negro. Unha choiva apagando o lume que un día fixo de fogar dunha familia de animais indefensos. Un páxaro dun local sen ademán de ser soltado polo propietario. Unha vida lonxe da liberdade de teu ser amado. UN AMOR QUE NON TE AMA. Unha vida de merda nunha esquinabda saída dun pub. Unha enquisa sempre nula. Unhas eleccións amañadas. Unha palla sen acabar. Un bico sen dar. Unha aperta falsa. Unha bandeira coa águia. Vivimos unha vida baleira de contido onde o que importa non é vivir cando ten que ser así. Unha vida sen amor non é vida. É supervivencia.
Tesoiras nucleares.
As trabas que o mundo lle puña ao seu espírito, non podía voar por mor desas cadeas que o levaban ao fracaso. Unhas ás rotas atopábanse na cociña. No baño miña alma e fora do baño, agardando, o mundo coas suas tesoiras que lle podaron as ás. Nunca poderá voar nun mundo onde os países, cartos e armas conten máis ca as persoas ca os seus sentimentos. Viu morrer súas ás xunto coas de millóns de persoas. Viu morrer nelas súa liberdade e súa dignidade. E o máis importante, viu morrer a súa ledicia. E cando saia por esa porta as tesoiras rematarán co pouco que queda dela. A humanidade, será podada polas tesoiras que ela mesma creou anos atrás para poder vivir cun abrigo de lá.
luns, 3 de marzo de 2014
O lobo.
Podería soltar un longo texto sobre o por qué do lobo pero é preferíbel que o conte nunhas poucas liñas.
Por qué o lobo?
É solitario e á vez coida dos seus.
É fiel e á vez sabe cando a outra parte incumple co "pactado" a cambio da fidelidade.
É xusto.
É fino coma un allo.
É solidario.
É un animal a día de hoxe indefenso.
Son eu.
mércores, 12 de febreiro de 2014
S.
Non sei como me hei de sentir se non me falas, non sei como me hei de sentir se non me das mimos, o único que che pido é o teu agarimo para sentirte, forte, preto á vez ca lonxe. A mil quilómetros e a un só. Espirte ca mente e vestirte cos ollos. Sentirme contento anque estea solo. Por iso che pido que dende o fondo do teu supremo armario, onde gardas tódalas chaquetas, que collas a miña para planchala que eu son de seda. Para velo soño das túas noites onde o mundo é prata e o corazón deste namorado, de ouro.
martes, 11 de febreiro de 2014
M.
Hoxe vina triste, hoxe decidín cambiala.
E este sentimento de soidade, de non ter con quen falar, de sentirme un extraño na miña vida... Isto non fai doado a miña existencia por mor do que denomino mundo. Este mundo onde un é un e non comvive cos demais, senón que sobrevive. E aí a vin eu, esa pequena cos sentimentos desta estaca que leva por nome a un Santo. Ela era el fai uns anos, a inocencia da vida rosa que se converte na vida gris escuro que so mal lle fai a sociedade, convertindo a sociedade en individuos, dun planeta que mira seu embigo, sen preocuparse do básico que é a felicidade de seus cidadáns. Cando a vin triste souben que tiña que cambialo todo. Sigo a ser un tonel de pólvora a secar. E se seco estoupo. Porque non aguanto ver os maltratos e paus que a sociedade lle causa á xente, porque quero un mundo millor. Porque quero unha sociedade social e non individual. Porque vou facer que as persoas desta sociedade tan individual que son boas persoas e prefiran esa sociedade social, sintan o meu cariño e respecto. Porque xuntos, podemos.
Hoxe vina triste, hoxe decidín cambiala.
luns, 10 de febreiro de 2014
Microconto.
Como cada mañá, sobeu a árbore que a noite rematara. Non creía nos xogos dos nenos nen nos seus contos. Ela sabía que algo de certo tiñan, que o lobo non era un lobo normal, mais decidía ir cada mañá a esa árbore, onde a sombra do mesmo sol aparecera días atras teñindo de vermello toda esperanza da humanidá'. Ela sobeu a esa árbore e xamais a viu máis. Teñida ela por ese luar.
Anos máis tarde a nena apareceu, vestida de traxe, no amencer. Levaba escrita unha nota sen igual, e seu irmau as pezas comezou a xuntar. Non era o lobo o que a rapaza matou, senón a árbore do seu corazón.
domingo, 9 de febreiro de 2014
Amar.
Como podo sabes canto quero unha persoa como para chorar, rir, sentir, soñar e vivir con ela na tua mente? Canto máis penso no que a quero máis razón teño en dicir que a amo. E tal vez por ciencia infusa a mosca nacente na podrerume sabe apreciar moi ben o perfume. E por activa e pasiva sabe o pardal cando atopa a primaveira e o outono cantando e hibernando. Non todo quixera que fose deste xeito pero sen saber porqué amas a alguen sabes que o amas. Este post non podría ir dirixido máis ca a un metro e medio. E por máis co penso menos me entendo, amo a esa rapaza e na ignorancia nace a razon que sin sabelo ocorre e sen querelo quéroa.
sábado, 18 de xaneiro de 2014
FIN
xoves, 9 de xaneiro de 2014
Andaluza de Cartagena
Allí me encontraba yo, mirando por la pantalla del ordenador, pensando «es guapa», comencé a conversar con ella y aparte era simpática y muy mona. Lástima que me tuviera que ir. Durante la tarde seguimos chateando por fb cuando le pedí el whatsapp. Me sentía nervioso sin motivos. Notaba algo tempranero que se correspondía con cariño, sin embargo no era cariño. Hablamos y hablamos y una tarde de julio donde llovía mucho se lo comenté y ella me recordó la canción de "No importa que llueva", desde entonces es "nuestra" canción y la letra se hizo de oro. Como aún suena por ahí recuerdo a Silvia casi a diario. El cariño que le tengo es un cariño especial entre amiga y compañera de vida y sé que va a durar hasta que muera en mi memoria, pues una persona así es especial.