xoves, 20 de marzo de 2014

Vitae.

Son momentos de confesión. Momentos de verte máis só cá unha. Non tendo quen amar. Non tendo quen te ame. Un sol metido de cheo nun buraco negro. Unha choiva apagando o lume que un día fixo de fogar dunha familia de animais indefensos. Un páxaro dun local sen ademán de ser soltado polo propietario. Unha vida lonxe da liberdade de teu ser amado. UN AMOR QUE NON TE AMA. Unha vida de merda nunha esquinabda saída dun pub. Unha enquisa sempre nula. Unhas eleccións amañadas. Unha palla sen acabar. Un bico sen dar. Unha aperta falsa. Unha bandeira coa águia. Vivimos unha vida baleira de contido onde o que importa non é vivir cando ten que ser así. Unha vida sen amor non é vida. É supervivencia.

Tesoiras nucleares.

As trabas que o mundo lle puña ao seu espírito, non podía voar por mor desas cadeas que o levaban ao fracaso. Unhas ás rotas atopábanse na cociña. No baño miña alma e fora do baño, agardando, o mundo coas suas tesoiras que lle podaron as ás. Nunca poderá voar nun mundo onde os países, cartos e armas conten máis ca as persoas ca os seus sentimentos. Viu morrer súas ás xunto coas de millóns de persoas. Viu morrer nelas súa liberdade e súa dignidade. E o máis importante, viu morrer a súa ledicia. E cando saia por esa porta as tesoiras rematarán co pouco que queda dela. A humanidade, será podada polas tesoiras que ela mesma creou anos atrás para poder vivir cun abrigo de lá.

luns, 3 de marzo de 2014

O lobo.

Podería soltar un longo texto sobre o por qué do lobo pero é preferíbel que o conte nunhas poucas liñas.
Por qué o lobo?
É solitario e á vez coida dos seus.
É fiel e á vez sabe cando a outra parte incumple co "pactado" a cambio da fidelidade.
É xusto.
É fino coma un allo.
É solidario.
É un animal a día de hoxe indefenso.
Son eu.