martes, 3 de novembro de 2015

CABV

Hai amores destes que cres comúns e que resultan non selo. Deses que chegan un día á túa vida e os deixas entrar pouquiño a pouco, sen demasiada intensidade polo medo á dor. Deses que non idolatras e dis ti, quéroa. Pero aí deixas a cousa. Pois ben, esta historia trata dun amor que comezou así e me demostrou ser moito máis ca iso. Demostroumo todo. Demostroume no día a día e no mes a mes que as cousas que non fan falla falar son as que importan; que os quérote non fai falla dicilos con palabras; que as clases de conducir poden ser emocionantes, e mesmo poden resultar ser clases de amar sen falar, de simplemente mirar aos ollos e sentir, deixar que esa sensación agradable pase a formar parte dun sentimento que perdure no tempo. Non, non son experto en amor, e moito menos en relacións, pero hai cousas que teño claras, e entre elas atópaste ti. E non só ti, senon un nós.

sábado, 2 de maio de 2015

O cambio.

Moito se falou este ano de que vai ser o ano do cambio político e cidadán en España e demais países. Pero ninguén me avisou do cambio que está a comezar en min. Porque a perspectiva da vida que eu tiña está a cambiar, por placer e por necesidá.
Explícome mellor escribindo "proesía".
Descentrarse para centrarse. Ver o mundo fora do eixe do egocentrismo para poder contemplar todos os embigos. Saír de ti para verte e coñecerte coma ti eres. Ser capaz de reaccionar diferente. Pensamento lateral, totalmemte latente. Pertinente, creente ou ateo, tal vez un "Romeo". Sentirte diferente, valiente, consecuente e consciente. Por unha vez, ser diferente do corriente por hiriente que pareza nunca é suficiente ata que saes do cognisciente para sentirte rebelde contra un mesmo. Querido por un ti diferente do eu. Unha paranoia persistente que faga posible cambiarte e sentirte, facer posible seguirte e vivirte, porque divirte e convirte o inintelixible en pausible para virte ver. Amar outra vez. Ao. Propio. Ser.

sábado, 11 de abril de 2015

A cousa.

Sinto unha cousa. Aflíxeme o peito, cóstame respirar, e non sei que é.
Semella ser un demo coas garras ben afiadas e disque pode matar a unha persoa da tolería. Pero podo con el? Estame a esmagar o peito, sinto como percorre o pulmón esquerdo e mesmo ao corazón lle dán latidos fortes. Sinto que me agarrota, preciso descansar e durmir. E mañá ao continuar será outro día. Un día pra se erguer cativo pero sen esa cousa. Quero sentirme relaxado e tranquilo. Quero vivir a vida, en paz e armonía. Quero vivir unha vida digna.

martes, 7 de abril de 2015

Rabia.

Cando a rabia te reconcome. Cando o silencio chirría nos teus oídos. Cando a escuridade te agarrota. Cando o espello che fraxela. Cando a soidade te abandoa. Ese último raio de sol que deixas de ver, entumece todo o teu corpo cunha consigna "dor, escuridade, medo, odio e rabia". Só nese intre choras. Choras coma se o raio seguira nesa noite fría, na cal retores os nocellos dos golpes que esmagaches no teu propio nome. Virus que se alimenta de ti, e que provoca que ti o fagas de ti mesmo. Cando xa non quedan máis cas cinzas, esperas que o raio volva. Pero toda a escuridade do azabache negro, volve provocar que este círculo virtuoso da dor que impida ver saír o sol. Porque non só hai un raio, hai unha puta estrela brilando á carón da túa sombra, que mentras vexas esa escuridade, será o que de ti queda.

domingo, 22 de marzo de 2015

E chorar, da emoción de vernos...

Unha pequena cómplice de travesuras de metro oitenta, coas pernas máis looooooongas que vin na miña vida. Co sorriso máis sinceiro e risueño que se poida atopar. Cunha melena enorme, que se distingue á lonxanía. Cuns ollos, que clavan a súa pupila azul e amarela na miña. Cun cheiro que atrae ás bolboretas. Cun mozo, que mozo ten...desvívese por ela, como é lóxico. E tamén recordar o como me bica e fai de min unha persoa única, diferente ao resto, pois son eu o que lle gusta. Unha persoa que quero tanto...que vela faime chorar da emoción. Quérote bicheja.