Perdido nun mar de dudas. De sentimentos encontrados que remexen na miña cabeza cual execución do baile de dúas bolboretas en celo. Perdido nesta autovía da vida na cal aínda non descubrín se entrei en sentido contrario. Perdido emocionalmente, pois leváronse xa tantos pedazos de min que non sei nin recoñecer as miñas propias pezas do puzle do meu corazón. Perdido ao avistar ao lonxe as últimas pezas do meu corazón, perdido tamén de saber que non as hei de recuperar ao menos nunha boa tempada. Perdido ata o punto de non querer atoparme. Perdido ata o punto de volver a pechar o meu caparazón para que non entren en min de novo, para que non poidan pasar polas fronteiras do meu corazón con anaquiños de min. Reabrir esas aduanas tan precisas e tan jodidas, e vaia que se jodidas, fan que me encerre en min mesmo e non saia. Fan que me quede encerrado coa única cousa que perdín, e que é tan necesaria de atopar. Perdinme comigo mesmo.