xoves, 25 de decembro de 2014

Bonus post.

Non se me dá ben iso de escribir algo a alguén, pero vou facer un esforzo por ti. Cómo podo seguir impasible ante todo o que fas por min? A resposta e simple, non podo. Non podo ser impasible ante ter cóxegas cada vez que te vexo, tremer cando sinto os teus beizos nos meus e sentir calafríos cando os sinto na miña pel. Sentirme nunha nube cando me abrazas mimida e espida. Intentar facer todo por ti como ti o fas por min estase a convertir en norma. +Por certo. -Que? Nononono. +Rote. O 4-5 ímosnos ver e vai ser como asjfjwkgke. Bicos pequecha, bon nadal e boas festas e xa sabes, quérote moito.

domingo, 21 de decembro de 2014

Un XXVII de Outubro do ano MMXIV.

Queridos reis magos:
Grazas por traerme o mellor agasaio do mundo. Quero moitísimo a esta mongoliña de letras que é o mellor do mundo. "Quérote mundos" me di e a verdade é que eu non a quero menos. Dende que a puxeches na miña vida a 27 o único que quixen foi tar con ela, porque o é todo. É maja, é un amor, ten sentido do humor, e é adorable. Bo nadal e próspero aninovo di a xente, eu dígolle a pasalo de puta nai e a desfrutar da vida e de min. Que Antía nesto non ten nada que ver e que que miña nai sepa da presenza do agasaio é cuestión de días. PD: Divírtete nas vacacións que tanto nas boas como nas malas xa sabes que estarei.
Ata o 5 "fea de letras á que odio".

mércores, 10 de decembro de 2014

Como...

Como unha vida paralela. Como unha canción de Fito. Como o vento na ventá. Como un acorde de Iñaki. Como un verso de Castelao. Como unha racha de vento en Finisterre. Como a calor da chama na chimenea. Como unha cabeza chea de paxaros, disecados. Como a ferida dun coitelo. Como un corazón feito anacos. Como un mes frío de maio. Como a luz do sol nun decembro, non quenta. Como a lúa chea para os amantes estragados. Como a vida sen goberno. Como un anxo caido do ceo. Como o cu do vaso de wisky. Como unha vida sen desexos. Como un poeta nun deserto....