domingo, 31 de decembro de 2017

12 meses. 12 sentimentos.

1.-Nostalxia.
Xaneiro comezou sendo un mes de nostalxia. Xaneiro comezou coas notas dadas e o ciclo rematado, foi duro. Verse sen facer nada por primeira vez na vida e non saber como afrontalo. Pero ben certo foi que en xaneiro recibín o agasallo das mestras da escola onde estivera, onde me recibiron con agarimo e me despediron como un dos mellores alumnos que pasou por alí. Só de lembrar o agasallo que le deron unhas bágoas escórrense polas miñas meixelas.
2.-Soidade.
Febreiro foi un mes bastante solitario. Non ter moita vida social pode ser complexo, en parte foi por causa propia, mais por outra banda era complexo. Por sorte o Entroido sempre salva a pior das sensacións.
3.-Autocoñecemento.
Marzo foi o mes máis reflexivo de todos, pensar nas propias capacidades e intuir as múltiples variacións dos resultados fíxome medrar como persoa. Aceptar as miñas cualidades, tanto as virtudes coma os defectos foi do mellor que puiden facer neste ano.
4.-Socialización.
Abril foi o mes no que coñecín á xente de Erasmus que serían a miña alegría diaria ate o verán. A ilusión coa que a xente de Erasmus vive fora da casa deume as enerxía que ate entón estaba perdendo (o cal só demostra a forza que temos como animal social). Foi un bo mes.
5.-Enerxía.
Maio foi ese mes que fai ás persoas medrar, no meu caso a nivel cultural. Toquei máis que nunca a guitarra, estivo a piques de chegar a miña gaita, bueno, un luxo en toda regra. Ademais de que a miña enerxía se ía enchendo a medida que medraban os días e se aproximaba o vrau.
6.-Praia.
Xuño foi o comezo do verán, das viaxes en coche co aire acondicionado jodido e o comezo das miñas primeiras leccións de guitarra. De impartilas eu, aínda sen saber moi ben como. Grazas a iso rebauticei á miña guitarra española co nome de Ema (primeira pupila). A partires deste mes todo o vivido son experiencias a tope (con la c*pe).
7.-21.
Xullo. Sendo o meu cumpleanos que máis podo pidir? Pois foi un mes triste, marcharon de volta para as súas casas multitude de amigos, pero tamén foi un mes alegre, de reencontros e non pisar a casa. Digamos que un verán máis.
8.-Escocia-Verín.
Foi o mes máis kilométrico da miña vida. Agosto e o seu whisky escocés (que por certo está moi bo), o ligar cunha nepalí en inglés e nin lle preguntar o nome tras dúas horas de conversa e a multitude de viaxes por Galicia ao regresar.
9.-Unha nova esperanza.
Setembro. Como o título da saga dos Jedi, porque comezar na universidade enche de orgullo e satisfacción máis ca a un rei. Merecidísima esa entrada tras loitar con unlla e carne ata a pel. Que se me arrepinto desa decisión? Nin de coña.
10.-Noone.
Outubro. Foi chegar e encher, unha gran amiga xurdiu dos primeiros días de clase, e tanto foi o asunto que a día de hoxe seguimos indo e vindo xuntos a diario, e o tanto que a quero eu.
11.-Educadores, Brasileira e compañía.
Novembro. Outro grupo de amigos que me levo posto no lombo. A verdade é que é moi satisfactorio ir ás clases cun grupo de xente así, inda menos mal que todo o mundo semella ser xenerosos a esta altura de curso porque o normal xa sería ter uns grupiños pechados e reservados. Espero que este espírito social continúe.
12.-O alcol é bo.
Decembro, decembro, decembro. Decembro e as súas ceas de clase, no comments. Tamouco vou mencionar en profundidade as pechadas de biblioteca seguidas do peche de facultad. Noites inesquecibles. Tamén foi o mes de Edu, espero aprobar.

Ano tras ano a xente fai valoración positiva ou negativa, nada concorda co que debe ser.
Todo suma, malas experiencias, boas, malos anos, bos. Que máis dará todo iso se o importante reside nos recordos e experiencias que levamos ao lombo. Por un milleiro de anos de experiencias de todo tipo mirarei co peito enchido. Porque non hai malos anos, senón anos menos millores.

sábado, 23 de decembro de 2017

Nadal papilar.

Gustaríame falar dalgo formal, dalgo casual ou simplemente dalgo intrascendental pero non existe ese algo.
Toda a nosa vida a pasamos sendo persoas políticas e, a dicir verdade, políticamente correctas. Demasiados tecnicismos axioloxiais.
Gustaríame poder dicir o que penso en cada momento sen que ninguén teña que sentirse ofendido e non falo de ser asertivos. Ser asertivo é unha cualidade excelente cando tratas con xente irritable.
Gustaríame exercer de interlocutor perspicaz e sagaz sen moitas palabras que adecuar para poder esaxerar ou frivolizar sobre temas cotiás.
Gustaríame ligar máis a miudo, gustaríame foder. Gustaríame abrazar, gustaríame ser abrazado. Gustaríame sorrir e tamén me gustaría chorar. Gustaríame que todos nos centrásemos menos en quen nos ve facer as cousas e poder facer máis. Porque 1+1 son 4 se nos deixamos levar. Agasallar no Nadal está ben, pero sobre todo facelo a quen nós queremos e non se espera nada. Non hai mellor sorriso ca un que ilusione de todo.
Gustaríame volver a escribir e poder publicar textos decentes, pero mentres tanto,
Bo Nadal e boas festas.