1.-Nostalxia.
Xaneiro comezou sendo un mes de nostalxia. Xaneiro comezou coas notas dadas e o ciclo rematado, foi duro. Verse sen facer nada por primeira vez na vida e non saber como afrontalo. Pero ben certo foi que en xaneiro recibín o agasallo das mestras da escola onde estivera, onde me recibiron con agarimo e me despediron como un dos mellores alumnos que pasou por alí. Só de lembrar o agasallo que le deron unhas bágoas escórrense polas miñas meixelas.
2.-Soidade.
Febreiro foi un mes bastante solitario. Non ter moita vida social pode ser complexo, en parte foi por causa propia, mais por outra banda era complexo. Por sorte o Entroido sempre salva a pior das sensacións.
3.-Autocoñecemento.
Marzo foi o mes máis reflexivo de todos, pensar nas propias capacidades e intuir as múltiples variacións dos resultados fíxome medrar como persoa. Aceptar as miñas cualidades, tanto as virtudes coma os defectos foi do mellor que puiden facer neste ano.
4.-Socialización.
Abril foi o mes no que coñecín á xente de Erasmus que serían a miña alegría diaria ate o verán. A ilusión coa que a xente de Erasmus vive fora da casa deume as enerxía que ate entón estaba perdendo (o cal só demostra a forza que temos como animal social). Foi un bo mes.
5.-Enerxía.
Maio foi ese mes que fai ás persoas medrar, no meu caso a nivel cultural. Toquei máis que nunca a guitarra, estivo a piques de chegar a miña gaita, bueno, un luxo en toda regra. Ademais de que a miña enerxía se ía enchendo a medida que medraban os días e se aproximaba o vrau.
6.-Praia.
Xuño foi o comezo do verán, das viaxes en coche co aire acondicionado jodido e o comezo das miñas primeiras leccións de guitarra. De impartilas eu, aínda sen saber moi ben como. Grazas a iso rebauticei á miña guitarra española co nome de Ema (primeira pupila). A partires deste mes todo o vivido son experiencias a tope (con la c*pe).
7.-21.
Xullo. Sendo o meu cumpleanos que máis podo pidir? Pois foi un mes triste, marcharon de volta para as súas casas multitude de amigos, pero tamén foi un mes alegre, de reencontros e non pisar a casa. Digamos que un verán máis.
8.-Escocia-Verín.
Foi o mes máis kilométrico da miña vida. Agosto e o seu whisky escocés (que por certo está moi bo), o ligar cunha nepalí en inglés e nin lle preguntar o nome tras dúas horas de conversa e a multitude de viaxes por Galicia ao regresar.
9.-Unha nova esperanza.
Setembro. Como o título da saga dos Jedi, porque comezar na universidade enche de orgullo e satisfacción máis ca a un rei. Merecidísima esa entrada tras loitar con unlla e carne ata a pel. Que se me arrepinto desa decisión? Nin de coña.
10.-Noone.
Outubro. Foi chegar e encher, unha gran amiga xurdiu dos primeiros días de clase, e tanto foi o asunto que a día de hoxe seguimos indo e vindo xuntos a diario, e o tanto que a quero eu.
11.-Educadores, Brasileira e compañía.
Novembro. Outro grupo de amigos que me levo posto no lombo. A verdade é que é moi satisfactorio ir ás clases cun grupo de xente así, inda menos mal que todo o mundo semella ser xenerosos a esta altura de curso porque o normal xa sería ter uns grupiños pechados e reservados. Espero que este espírito social continúe.
12.-O alcol é bo.
Decembro, decembro, decembro. Decembro e as súas ceas de clase, no comments. Tamouco vou mencionar en profundidade as pechadas de biblioteca seguidas do peche de facultad. Noites inesquecibles. Tamén foi o mes de Edu, espero aprobar.
Ano tras ano a xente fai valoración positiva ou negativa, nada concorda co que debe ser.
Todo suma, malas experiencias, boas, malos anos, bos. Que máis dará todo iso se o importante reside nos recordos e experiencias que levamos ao lombo. Por un milleiro de anos de experiencias de todo tipo mirarei co peito enchido. Porque non hai malos anos, senón anos menos millores.