venres, 25 de marzo de 2016

Dor.

Rabia. Ira. Sufrimento. Tortura. A desesperación de non comprender como o vento move montañas, despraza poboacións e fai migrar aos paxaros. Incomprensión ante a falta de espectativas que nos une con un mundo de ensoño que consigue facer que unha e outra vez nos estampemos contra un chan de dor e medo. Deses sentimentos todos que fan tremer, que nos matan e nos reviven. Que unen os nosos corazóns cos dos demais á par que fan que se nos agriete a alma. Porque o xeo nunca foi amigo do lume pero son os dous polos dunha mesma moeda, a cal foi lanzada fai moitos anos cara o fondo dun estanque onde o primeiro soño foi roto. Onde a realidade fixo estamparse a ese soño.

martes, 15 de marzo de 2016

Quérelo saber?

Queres saber por que pasou o de hoxe?
Pasou porque me gustas, e non falo do teu físico, que tamén. Gústame como ríes, como eres positiva, como te picas e como me picas. Gústanme os teus medos, as túas paranoias e as túas raiadas. Gústame como me miras e como estás ausente. Gústasme porque eres ti, por o como eres, e aínda que o pasado inflúe a persoa que me gusta non cambia.

venres, 11 de marzo de 2016

Como un fío.

Escribo como se cada recordo dun fío se tratase. Como se escribindo das miñas dores e dos meus amores estes recordos se esvaecesen un pouco, como quen quita un fío solto dun xersei ou como quen lle quita un óso a unha aceituna. A diferenza radica en min, meus fíos quedan comigo, non desaparecen co tempo pois eu non os deixo marchar, gárdoios nunha caixiña de poliespán. Unha caixiña por se algún día falta me fan, para recuperar cada momento co sentimento máis puro vivido entón. E nese preciso momento é cando sinto cada bágoa, cada risa, e cada bico como se agora mesmo tivese diante o momento pasado. Espero que os últimos fíos que gardei poidan volver a ser de novo unha parte do xersei, porque loitei ata o último momento por non cortalos, porque loitarei ata o último momento por recoselos.

Apetéceme.

Apetéceme coller a guitarra, chorar con ela con cancións de amor. Chorar con ela con cancións que me recorden a ela, á miña primavera. Recordos vividos fai cousa duns pestanexos e que están marcando ferindo e doendo. Doe moito a distancia e doe máis cando esa distancia está sendo usada para volver a aproximarnos. Doe a ignorancia e doen os evitarse, os non falar, os logo falamos que só quedan en palabras que leva o vento. Como o meu sorriso, non digo que non poida vivir sen ela, simplemente non me apetece, apetéceme estar abrazados, picándonos ou tonteando, apetéceme estar ben como antes, e sei que este paso é duro e se nos distanciamos é para aproximarnos despois. Gran paradoxa do destino esta que concerne á miña mente, se a eso lle sumas a miña bipolaridade cambiante dan como resultado a creación e cicatrización de todas as miñas feridas.

martes, 1 de marzo de 2016

Esta noite.

Esta noite non sei como expresarme, como contarlle ao mundo que estou namorado e non dou agardado por volverme ver nos seus brazos, como non dou agardado polos seus bicos, polo seu agarimo. Como extraño o roce do seu pelo no meu costado, como o seu dedo debuxa formas na miña espalda e como a súa pel se pon de pita ao rozar a miña. Esta noite non dou durmido non, esta noite estou collendo aire para aguantar a espera que queda ate ver se esta solución mellora a nosa situación. Esta noite de xeo permíteme lembrar a chama que me deu vida dezaseis meses da miña curta vida. Esta noite déixame non pensar en min e déixame soñar un nós.