venres, 11 de marzo de 2016

Apetéceme.

Apetéceme coller a guitarra, chorar con ela con cancións de amor. Chorar con ela con cancións que me recorden a ela, á miña primavera. Recordos vividos fai cousa duns pestanexos e que están marcando ferindo e doendo. Doe moito a distancia e doe máis cando esa distancia está sendo usada para volver a aproximarnos. Doe a ignorancia e doen os evitarse, os non falar, os logo falamos que só quedan en palabras que leva o vento. Como o meu sorriso, non digo que non poida vivir sen ela, simplemente non me apetece, apetéceme estar abrazados, picándonos ou tonteando, apetéceme estar ben como antes, e sei que este paso é duro e se nos distanciamos é para aproximarnos despois. Gran paradoxa do destino esta que concerne á miña mente, se a eso lle sumas a miña bipolaridade cambiante dan como resultado a creación e cicatrización de todas as miñas feridas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario