mércores, 12 de febreiro de 2014

S.

Non sei como me hei de sentir se non me falas, non sei como me hei de sentir se non me das mimos, o único que che pido é o teu agarimo para sentirte, forte, preto á vez ca lonxe. A mil quilómetros e a un só. Espirte ca mente e vestirte cos ollos. Sentirme contento anque estea solo. Por iso che pido que dende o fondo do teu supremo armario, onde gardas tódalas chaquetas, que collas a miña para planchala que eu son de seda. Para velo soño das túas noites onde o mundo é prata e o corazón deste namorado, de ouro.

martes, 11 de febreiro de 2014

M.

Hoxe vina triste, hoxe decidín cambiala.
E este sentimento de soidade, de non ter con quen falar, de sentirme un extraño na miña vida... Isto non fai doado a miña existencia por mor do que denomino mundo. Este mundo onde un é un e non comvive cos demais, senón que sobrevive. E aí a vin eu, esa pequena cos sentimentos desta estaca que leva por nome a un Santo. Ela era el fai uns anos, a inocencia da vida rosa que se converte na vida gris escuro que so mal lle fai a sociedade, convertindo a sociedade en individuos, dun planeta que mira seu embigo, sen preocuparse do básico que é a felicidade de seus cidadáns. Cando a vin triste souben que tiña que cambialo todo. Sigo a ser un tonel de pólvora a secar. E se seco estoupo. Porque non aguanto ver os maltratos e paus que a sociedade lle causa á xente, porque quero un mundo millor. Porque quero unha sociedade social e non individual. Porque vou facer que as persoas desta sociedade tan individual que son boas persoas e prefiran esa sociedade social, sintan o meu cariño e respecto. Porque xuntos, podemos.
Hoxe vina triste, hoxe decidín cambiala.

luns, 10 de febreiro de 2014

Microconto.

Como cada mañá, sobeu a árbore que a noite rematara. Non creía nos xogos dos nenos nen nos seus contos. Ela sabía que algo de certo tiñan, que o lobo non era un lobo normal, mais decidía ir cada mañá a esa árbore, onde a sombra do mesmo sol aparecera días atras teñindo de vermello toda esperanza da humanidá'. Ela sobeu a esa árbore e xamais a viu máis. Teñida ela por ese luar.
Anos máis tarde a nena apareceu, vestida de traxe, no amencer. Levaba escrita unha nota sen igual, e seu irmau as pezas comezou a xuntar. Non era o lobo o que a rapaza matou, senón a árbore do seu corazón.

domingo, 9 de febreiro de 2014

Amar.

Como podo sabes canto quero unha persoa como para chorar, rir, sentir, soñar e vivir con ela na tua mente? Canto máis penso no que a quero máis razón teño en dicir que a amo. E tal vez por ciencia infusa a mosca nacente na podrerume sabe apreciar moi ben o perfume. E por activa e pasiva sabe o pardal cando atopa a primaveira e o outono cantando e hibernando. Non todo quixera que fose deste xeito pero sen saber porqué amas a alguen sabes que o amas. Este post non podría ir dirixido máis ca a un metro e medio. E por máis co penso menos me entendo, amo a esa rapaza e na ignorancia nace a razon que sin sabelo ocorre e sen querelo quéroa.