luns, 10 de febreiro de 2014

Microconto.

Como cada mañá, sobeu a árbore que a noite rematara. Non creía nos xogos dos nenos nen nos seus contos. Ela sabía que algo de certo tiñan, que o lobo non era un lobo normal, mais decidía ir cada mañá a esa árbore, onde a sombra do mesmo sol aparecera días atras teñindo de vermello toda esperanza da humanidá'. Ela sobeu a esa árbore e xamais a viu máis. Teñida ela por ese luar.
Anos máis tarde a nena apareceu, vestida de traxe, no amencer. Levaba escrita unha nota sen igual, e seu irmau as pezas comezou a xuntar. Non era o lobo o que a rapaza matou, senón a árbore do seu corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario