Non sei como me hei de sentir se non me falas, non sei como me hei de sentir se non me das mimos, o único que che pido é o teu agarimo para sentirte, forte, preto á vez ca lonxe. A mil quilómetros e a un só. Espirte ca mente e vestirte cos ollos. Sentirme contento anque estea solo. Por iso che pido que dende o fondo do teu supremo armario, onde gardas tódalas chaquetas, que collas a miña para planchala que eu son de seda. Para velo soño das túas noites onde o mundo é prata e o corazón deste namorado, de ouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario