martes, 11 de febreiro de 2014

M.

Hoxe vina triste, hoxe decidín cambiala.
E este sentimento de soidade, de non ter con quen falar, de sentirme un extraño na miña vida... Isto non fai doado a miña existencia por mor do que denomino mundo. Este mundo onde un é un e non comvive cos demais, senón que sobrevive. E aí a vin eu, esa pequena cos sentimentos desta estaca que leva por nome a un Santo. Ela era el fai uns anos, a inocencia da vida rosa que se converte na vida gris escuro que so mal lle fai a sociedade, convertindo a sociedade en individuos, dun planeta que mira seu embigo, sen preocuparse do básico que é a felicidade de seus cidadáns. Cando a vin triste souben que tiña que cambialo todo. Sigo a ser un tonel de pólvora a secar. E se seco estoupo. Porque non aguanto ver os maltratos e paus que a sociedade lle causa á xente, porque quero un mundo millor. Porque quero unha sociedade social e non individual. Porque vou facer que as persoas desta sociedade tan individual que son boas persoas e prefiran esa sociedade social, sintan o meu cariño e respecto. Porque xuntos, podemos.
Hoxe vina triste, hoxe decidín cambiala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario