domingo, 29 de decembro de 2013

Capítulo 1

Atopábase na rúa, procurando atopala cara delatora do que supuña que sería quen o ía a matar. Trinta e cinco anos levaba xa fuxindo, dende aquel 12 de maio de 1916. El pesquisaba o seu asasino, o cacique de seu tío. Non é que fixera mal ningún a familia pero dende aquela data non puido ver máis aos seus parentes.
Paseaba pola rúa, esgotado, baixo ese sol de xullo que derretía ata o mesmo pavimento recién instalado. «Nesa vila endexamais o atoparían, pero...», pensa ensimismado, cando de súpeto recoñece esa cara. Sabe que o atoparon ou ao menos teñen indicios de por onde se atopa. Métese entre a multitude de xente que acude a feira en Verín neses días onde a xente acude sobre todo, a comprar un marrau por 60000 pesetas. Consegue perderse entre a multitude, e volta a súa casa, situada nas aforas da cidade. Prepárase entón para unha viaxe, cara súas orixes, en Madrid.

sábado, 28 de decembro de 2013

Her. (Perdón polas faltas gramaticais e de vocabulario)

She was like a very pretty girl, with her routines and her ways of life. She likes music, she likes English, she likes languages, she loves reading, she loves and likes a lot of things... But she doesn't love him. He feels everytime very bad, because he doesn't like English so much, languages either, but he... He loves her.

xoves, 26 de decembro de 2013

Un manual para a sociedade.

Ten el unha tese a expor, unha forma de pensar e de ser cara ao mundo.

Todo comeza por ATENDER, atender ao que ocorre no mundo, toda información é útil na súa medida, no seu momento preciso.

Segue por ESCOITAR, escoitar ante calquera situación onde se expoña a relación co medio.

Pasas a poñer en práctica o COÑECEMENTO adquirido, así con isto un pode dende aprobar un exame ata conquistar a unha moza.

luns, 23 de decembro de 2013

Soio.

Momentos nos que sabes que ninguén se vai importar de ti. Teus amigos non che falan. A rapaza que che gusta pasa de ti máis ca como amigo e o único que ves son tebras. A escuridade absórbete coma un buraco negro e não sintes máis ca a dor de centos de miles de agullas dándolle ao teu corpo nú pinchazos por todos lados. E aínda lle podes engadir a todo isto un terrible sentimento de soidade, de que a todo lle das igual, do soio que te sintes, de que todo polo que loitas termina moi mal.  Naces só e morres só, pero non quero morrer con ninguén senón pasar a vida acompañado de familia, amigos e mozas. A noite é a miña soidade á par que miña agonía é o sentimento de estar incubando un virus. A soidade é, pois, un sentimento máis alá cunha situación.

venres, 20 de decembro de 2013

Feitos.

E volven eses momentos, onde ti es a pel dunha laranxa, un desfeito para os demais, onde non vales nada e sintes que o pouco que te querías morre. Onde te sintes máis inútil ca a luz para un morcego. El soamente quería nesas datas sentirse querido por unha vez. Xa bastaba dabondo de ser o cariñoso, atento e amábel que soía ser, el quería cariño da xente. En especial o que el quería era que esa rapariga da que el estaba namorado lle dixese que ela tamén sentía algo por el. Mais el sabe que eso endexamais ocorrerá. Ela marchará en dous anos e medio e xamais voltará. Ela xamais sentirá o que el sinte por ela. Ela xamais apreciará esa monda que se tira esmagada brutalmente para coller o de dentro. Ela, sen sabelo, marchará sen sabelo, vivirá sen sabelo. Pois ela xamais se podería enterar delo, e el xamais llo diría.

xoves, 19 de decembro de 2013

Querer.

Pode que non sexa el quen deba facer a diferenciación, mais el sabe que querer só se quere a pouca xente. As primeiras persoas nesta xerarquía ocúpana seus pais, pois criárono, logo o resto da familia xunto coa súa millor amiga, o resto dos amigos, os que semellan amigos e por último os coñecidos. Pois ben, os que semellan amigos pode ser por dúas causas, a primeira consistente na da falsidade destos e a segunda consistente en que a forma de ser de estos non che gusta. Pois hoxe el soubo que no segundo caso é doado trabucarse, pois non todo semella o que é, é como unha cebola ou unha matriarca rusa, ou inclusive como a teoría da causalidade aristotélica, a cal dí que os individuos estan formados polo individuo máis varios niveles de accidentalidade, o individuo en cuestión tase convertendo no que non cría. Estase a cuestionar se todos son o que el cría que eran e está a descobrer que moi poucas persoas son o xeniales que pensou. Tamén descobriu que quen lle gusta é indiferente ante el, só o aprecia como amigo. Ogallá ela queira algo nun futuro con el, pois penso que estarían moi ben xuntos, ademais de que fan boa parella. Volvendo os feitos, ninguén é o que aparenta, polo que hai que andar con ollo con quen andas, pode ser o que non buscabas.

mércores, 18 de decembro de 2013

De cabeza.

As cousas que el pensan poden non ter razoamento lóxico a simple vista, mais el sabe dabondo que todo o que pensa e fai ten máis lóxica ca nada no mundo. Pode parecer xilipollece mais TODO o fai por algo calculando as probabilidades de se ese algo vai ocorrer e se paga a pena arriscarse. El arriscou toda a súa vida polo negro, tal vez lle toque xogar ao roxo nalgunha ocasión. Pero nese día, saldrá negro e volverá a estar nas mesmas, tal vez a seguinte solución sexa xogar a por un número e así gañar máis ca o que poidas perder en 1000 partidas, pois a vida é unha partida constante onde só gañan os que máis arriscan e eu, quero ser un gañador neste mundo vil.

Vital.

El comezouse a sentir atraído por ela uns días atrás. Ela soio o ve coma un amigo e el sábeo, pero intenta á desesperada que pasen de amigos a ter algo, esa complicidade típica das parellas. Pero ese camiño que el percorre estase a converter nunha montaña de xeo, e el vai vestido co texido dos calcetíns, polo cal so pode esbarar unha vez tras outra. Agora o rapaz foise cambiar a casa a pór muda nova, veremos como avanza nos seus seguintes actos..., pero de seguro que non se rende. XAMAIS.

luns, 16 de decembro de 2013

Luz.

E viu a luz, coma un feixe de raios brancos que fixeron del unha árbore froito da luz, con froitos belos, que lle darían a quen a atopara a máis agradábel das experiencias. A luz foi feita para tapala escuridade, a que encobría no seu pasado a árbore, a que non podía velo mundo que a rodeaba, pois non podía medrar. Agora a árbore está lista para cederlle frutos a nova xente, pero non o froito, o cal só lle entregará a unha soa persoa, capaz de abonar a árbore por moito tempo, mesmo por anos.

Momentos.

Hai momentos na vida nos que un se pregunta por todo. Pois o mozo sabía que obter as respostas non é respostar. De qué serven as respostas dadas por outros se ao que llas vas aplicar é a un mesmo? De qué che vale saber que unha persoa superou algo semellante o teu dun xeito se só lle ocorreu algo semellante, NON o teu. Coas preguntas no paso do tempo el comezou a comprender que as preguntas que a el lle respostaran estaban erróneas, pois un can de cego non ve por o cego, só o guía en maior ou menor medida. O mozo comezou a respostar as preguntas pasadas e deuse conta de que pese a non respostar as preguntas por el, a xente fixo o efecto do can do cego e el madurou con esa experiencia. Agora enfréntase o mozo a varias preguntas e poucas maneiras de contestalas pero, nun futuro, quizáis poida o tempo, ou algunha axuda externa, respaldarlle nunha resposta correcta.

domingo, 15 de decembro de 2013

Lugares.

Moitos lugares me gostaría ver, moitas cidades, moitos paraxes, pero non vou falar dos lugares que el quixo ver, senón dos que el ve. Pasa a súa vida a cabalo entre a cidade e a aldea, mais non deu asentado unha base sólida nela, pois as circunstancias dadas en ambolos dous lados non foron propicias para elo. El segue a querer vivir esas dúas vidas, moi distintas que está a formar en ambos lados, e totalmente opostas, como duas caras dunha moeda, un peito e unha espalda, doutor Jackil e míster Hyde. El segue sobre todo a soñar ser outro, ser diferente e probar certas facetas, el segue a soñar, coa liberdade.

Baleiro.

O baleiro é unha sensación que o encheu ao longo destes últimos anos. El non tiña irmaus e sua familia vivia lonxe e seus amigos en lugares que precisan coche para ir ata aló. Cando comezou a quedar solo a miúdo, comezou a sentir o baleiro de novo, fortemente. El só quere sentirse cheo, e para enchelo a el poucos modos hai, pero se el se sinte baleiro é porque algunha vez se sentiu cheo e agora bota de menos esa sensación.

Un 4 de decembro do ano 2013

Entón vino claro, o lóstrego non foi máis ca nada unha acumulación da ira contida en anos, rebentando ao fin todos eses sentimentos de dor e soidade que reprimiu por amor aos próximos, mesmo sen merecelo. E rebentou do xeito máis doído posíbel, cando aínda habia lúa, cando o sol seguía a estar aí, aínda que agochado trala outra cara da moeda. El seguiu adiante co estalido, pois non ía parar algo beneficioso anque dooroso. E cando el cría que a dor xa non lle doía chegou a noite total, lúa nova, dor absoluta e todos os que crían nel déronlle, senon a espalda, o dorso; mesmo a xente na que cría qur non lle ía fallar. El, ao seu pesar, deu media volta, co sentimento de alivio de estalar mancando, pois a liberacion matouno, matouno pouco a pouco; deixando tras de sí só os recordos do que un día foron, pois o pasado nunca volta, so se recorda, como algo propio, que seguirá ate a fin dos días.
Pero trala escuridade desa noite, estase a rexorder a luz, o día, e con el non virá a felicidade do mozo, pero si atrasará a súa agonía ate a fin dos días.