Atopábase na rúa, procurando atopala cara delatora do que supuña que sería quen o ía a matar. Trinta e cinco anos levaba xa fuxindo, dende aquel 12 de maio de 1916. El pesquisaba o seu asasino, o cacique de seu tío. Non é que fixera mal ningún a familia pero dende aquela data non puido ver máis aos seus parentes.
Paseaba pola rúa, esgotado, baixo ese sol de xullo que derretía ata o mesmo pavimento recién instalado. «Nesa vila endexamais o atoparían, pero...», pensa ensimismado, cando de súpeto recoñece esa cara. Sabe que o atoparon ou ao menos teñen indicios de por onde se atopa. Métese entre a multitude de xente que acude a feira en Verín neses días onde a xente acude sobre todo, a comprar un marrau por 60000 pesetas. Consegue perderse entre a multitude, e volta a súa casa, situada nas aforas da cidade. Prepárase entón para unha viaxe, cara súas orixes, en Madrid.
domingo, 29 de decembro de 2013
Capítulo 1
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario