domingo, 15 de decembro de 2013

Un 4 de decembro do ano 2013

Entón vino claro, o lóstrego non foi máis ca nada unha acumulación da ira contida en anos, rebentando ao fin todos eses sentimentos de dor e soidade que reprimiu por amor aos próximos, mesmo sen merecelo. E rebentou do xeito máis doído posíbel, cando aínda habia lúa, cando o sol seguía a estar aí, aínda que agochado trala outra cara da moeda. El seguiu adiante co estalido, pois non ía parar algo beneficioso anque dooroso. E cando el cría que a dor xa non lle doía chegou a noite total, lúa nova, dor absoluta e todos os que crían nel déronlle, senon a espalda, o dorso; mesmo a xente na que cría qur non lle ía fallar. El, ao seu pesar, deu media volta, co sentimento de alivio de estalar mancando, pois a liberacion matouno, matouno pouco a pouco; deixando tras de sí só os recordos do que un día foron, pois o pasado nunca volta, so se recorda, como algo propio, que seguirá ate a fin dos días.
Pero trala escuridade desa noite, estase a rexorder a luz, o día, e con el non virá a felicidade do mozo, pero si atrasará a súa agonía ate a fin dos días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario