xoves, 19 de decembro de 2013

Querer.

Pode que non sexa el quen deba facer a diferenciación, mais el sabe que querer só se quere a pouca xente. As primeiras persoas nesta xerarquía ocúpana seus pais, pois criárono, logo o resto da familia xunto coa súa millor amiga, o resto dos amigos, os que semellan amigos e por último os coñecidos. Pois ben, os que semellan amigos pode ser por dúas causas, a primeira consistente na da falsidade destos e a segunda consistente en que a forma de ser de estos non che gusta. Pois hoxe el soubo que no segundo caso é doado trabucarse, pois non todo semella o que é, é como unha cebola ou unha matriarca rusa, ou inclusive como a teoría da causalidade aristotélica, a cal dí que os individuos estan formados polo individuo máis varios niveles de accidentalidade, o individuo en cuestión tase convertendo no que non cría. Estase a cuestionar se todos son o que el cría que eran e está a descobrer que moi poucas persoas son o xeniales que pensou. Tamén descobriu que quen lle gusta é indiferente ante el, só o aprecia como amigo. Ogallá ela queira algo nun futuro con el, pois penso que estarían moi ben xuntos, ademais de que fan boa parella. Volvendo os feitos, ninguén é o que aparenta, polo que hai que andar con ollo con quen andas, pode ser o que non buscabas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario