mércores, 22 de agosto de 2018

Canta o merlo.

Canta o merlo, fermoso cantar. Canta o merlo ao sentir a soidade, sabendo que ela é inevitable feito. Canta de xeito tal que se me entumece o corazón e me chora a alma.
Días duros aqueles nos que o merlo canta, máis duros aínda cando o silencio é o único que queres ouvir. Cando o canto do merlo non é o foco e o pasa a ser a tua alma rota e destrozada. É nese intre cando o merlo é máis preciso ca nunca.
E cando o merlo desaparece non hai norte que seguir, nin alegría no corazón. É nese momento cando sabes que, destrozado unha vez máis, desta xa non te recomporás.
Merlo do meu corazón, volve pronto, voa preto.

xoves, 17 de maio de 2018

Amnistía.

Viaxaba a estrela por tódalas mentes,
deixando xestos de soidá.
Percorreu mundos non afeitos,
a visitas de estraños como Breogán.

Cando se viu envolta nesta rúa
acompañada só polo seu disfraz,
deixou que o aire ia axudara a se levantar.

Que me queres vento do ceo,
da terra, do aire e do mar?
Non fun eu quen de se ver no esquecemento
de te deixar marchar.

O bardo axudouna a se levantar,
e cando se dispuxo a marchar
un consello lle voltou a dar.
Non me esquezas estrela do mar,
pois no firmamento seguirás a estar.

sábado, 24 de febreiro de 2018

Síntoio.

Xa pasaron case tres semanas dende que marchaches. Xa pasaron tres semanas sen verte e o máis difícil é non escoitar a túa voz. Xa pasaron tres semanas sen sorrir por dentro e tres semanas cunha familia rota. Levo tres semanas roto.
Dóeme na alma, dóesme. Dóeme saber que os meus fillos non coñecerán a quen foi a mellor persoa que endexamáis coñecín. Quero mirar cara diante, de verdade que o intento, pero non estás ao meu lado guiándome. Boto de menos todo o que eras pra nós, todo o que facías por nós, e todo o que me quedou pendente por devolverche.
Eu quería que foses bisavó, eu quería que coñeceras as parellas estables para que mas espantaras chamándoas "netiñas", eu quería levarte de vacacións comigo, eu quería que me vises tocar a gaita no luar para que presumiras de neto no bar, eu quería que seguises vivo...

martes, 6 de febreiro de 2018

5/II/2018 1:30

Manuel Alonso Fernández ou coñecido pola miña persoa como avó Manolo.
Ti es a persoa máis boa que pisou a faz da terra, xeneroso, altruista e sempre xusto, ti es xustiza.
Tan guapo como foches e tanto cariño como nos demostraches. Desvivícheste polos demais durante toda a túa vida. A túa debilidade, así nos definiches aos teus netos e tamén ás túas fillas.
Non podes imaxinar a dor que se sente cando che falta o máis preciado na vida, o meu espello, o meu exemplo vital desaparece co teu último alento. Non sobra decir o moito que te quero e que pese a non estares xa con nós, ti nunca morrerás mentres nos teñamos vida.
Avó, nunca vin tanta xente destrozada nun funeral coma no teu, toda esa xente que te quixo de corazón só respaldan ás miñas palabras de bonanza do teu espírito.
Fuches, eres e serás sempre a luz que me guíe. Sempre teu, o teu netiño favorito (e primeiro).

martes, 16 de xaneiro de 2018

Sigo sen saber.

Non entendo como neste punto da historia me segue costando tanto saber onde estou. Atopar o meu lugar ou polo menos ter a fortuna de que el me atope a min primeiro. Quixera entender dunha vez por todas como fai a xente para mover o seu sentimento, a súa vitalidade e enfocala nunha soa dirección.
"Solo veo un mundo hecho pedazos y no hay pegamento". A xente ten que estar destrozada pero entre tanta amargura do primeiro mundo uns non resisten e déixanse levar pola desesperación. E alguén dirá que como aguanto coas miñas pantasmas e os meus diaños, pois porque: Non son unha lupa queimando coa axuda do sol herba seca, son a chama que comeza a arder e dá calor, por iso o meu espírito, por moi apagado que estea, nunca se extingue.

luns, 1 de xaneiro de 2018

Reconstrucción.

Preciso refacer os pedazos de algo que non sei nin si existe, reconstruir á miña alma rota e a miña personalidade disolta nun amasijo de dúbidas e malestar que me atraparon este último cuatrimestre de 2017.
Preciso facer punto e aparte aproveitando o aninovo e o "novo ciclo" que se nos presenta por diante.
Preciso ser máis eu, máis mi-me-conmigo, menos altruista e máis egoísta. Non caerá esta breva de novo de vivir por e para os demais porque xa bastante tempo me quitou de felicidade, a cal preciso para vivir.
Como un desgarro da voz de Shawn James, I walk throught the valley of the shadows of dead. Pero como unha canción de Jon Bon Jovi dixo, I'm not gonna live forever.
Así que comezarei por sacar o garbo dos Freiría hoxe. Ata que a morte me pare.