sábado, 11 de abril de 2015

A cousa.

Sinto unha cousa. Aflíxeme o peito, cóstame respirar, e non sei que é.
Semella ser un demo coas garras ben afiadas e disque pode matar a unha persoa da tolería. Pero podo con el? Estame a esmagar o peito, sinto como percorre o pulmón esquerdo e mesmo ao corazón lle dán latidos fortes. Sinto que me agarrota, preciso descansar e durmir. E mañá ao continuar será outro día. Un día pra se erguer cativo pero sen esa cousa. Quero sentirme relaxado e tranquilo. Quero vivir a vida, en paz e armonía. Quero vivir unha vida digna.

martes, 7 de abril de 2015

Rabia.

Cando a rabia te reconcome. Cando o silencio chirría nos teus oídos. Cando a escuridade te agarrota. Cando o espello che fraxela. Cando a soidade te abandoa. Ese último raio de sol que deixas de ver, entumece todo o teu corpo cunha consigna "dor, escuridade, medo, odio e rabia". Só nese intre choras. Choras coma se o raio seguira nesa noite fría, na cal retores os nocellos dos golpes que esmagaches no teu propio nome. Virus que se alimenta de ti, e que provoca que ti o fagas de ti mesmo. Cando xa non quedan máis cas cinzas, esperas que o raio volva. Pero toda a escuridade do azabache negro, volve provocar que este círculo virtuoso da dor que impida ver saír o sol. Porque non só hai un raio, hai unha puta estrela brilando á carón da túa sombra, que mentras vexas esa escuridade, será o que de ti queda.