Moitos lugares me gostaría ver, moitas cidades, moitos paraxes, pero non vou falar dos lugares que el quixo ver, senón dos que el ve. Pasa a súa vida a cabalo entre a cidade e a aldea, mais non deu asentado unha base sólida nela, pois as circunstancias dadas en ambolos dous lados non foron propicias para elo. El segue a querer vivir esas dúas vidas, moi distintas que está a formar en ambos lados, e totalmente opostas, como duas caras dunha moeda, un peito e unha espalda, doutor Jackil e míster Hyde. El segue sobre todo a soñar ser outro, ser diferente e probar certas facetas, el segue a soñar, coa liberdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario