martes, 3 de novembro de 2015

CABV

Hai amores destes que cres comúns e que resultan non selo. Deses que chegan un día á túa vida e os deixas entrar pouquiño a pouco, sen demasiada intensidade polo medo á dor. Deses que non idolatras e dis ti, quéroa. Pero aí deixas a cousa. Pois ben, esta historia trata dun amor que comezou así e me demostrou ser moito máis ca iso. Demostroumo todo. Demostroume no día a día e no mes a mes que as cousas que non fan falla falar son as que importan; que os quérote non fai falla dicilos con palabras; que as clases de conducir poden ser emocionantes, e mesmo poden resultar ser clases de amar sen falar, de simplemente mirar aos ollos e sentir, deixar que esa sensación agradable pase a formar parte dun sentimento que perdure no tempo. Non, non son experto en amor, e moito menos en relacións, pero hai cousas que teño claras, e entre elas atópaste ti. E non só ti, senon un nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario