domingo, 18 de maio de 2014

Mors omnes aeque.

Non eran homes, neses momentos da historia só importaba o que ti pensabas. Ías morrer por ideoloxía e non por matar a persoas. Pero míraios alí tombados nas cunetas. Republicanos, monárquicos e falanxistas. Todos nas mesmas cunetas, todos mortos que deixan tras de sí toda a maldade duns por rematar coa conquista e a rabia doutros que protexían o seu modo de supervivencia. Non ten máis lóxica de seu. Só podían ver o dano que os outros lle causaron ao seu bando. Mulleres violadas, xente que foi dar un "paseo", soldados torturados, e os grades cabecillas, oh os grandes cabecillas. Que foi deles? Marcharon uns e gobernaron os outros e mentres, España, e en especial as comarcas do norte padeceron a peor represión posíbel. O cuñado de miña bisavoa desapareceu, un cadáver máis dos que xa non están e xamais retornarán. Porque media España era republicana e a outra media era represaliada. Boten contas das guerras que houbo, ningunha máis debe haber, así que deixen de votar a esos porcos, que se atopan no poder.

Ningún comentario:

Publicar un comentario