Unha noite, un rapaz chamou á porta dunha casa pedindo unha limosna, a rapariga que lle abriu deulla. Pero meteulle na cunca un rato co que pelexou. Ao final o rapaz ía coller a limosna, e xusto cando a ía coller e a rozaba a rapaza retirouna e fechou a porta.
Pois ben, ese conto é a historia dunha amada, que levou consigo non só a limosna, senón tamén gran parte do meu ser, e teño que darlle as grazas á unha persoa que gardou unha copia de min pra poder seguir sendo algo semellante a min. Pero recuperar o meu ser non me fai vivir ledo nen moito menos, esa limosna xa non existe, a rapariga gastouna no mercado e eu sigo a morrer de fame. Non é complexa a miña metáfora mais si que o é a historia que hai nela, cada gravado que fai da historia unha novela de ficción e realidade. Cun punto romántico e unha fin amarga. Ela levou a miña limosna, e levoume a min, porque sorrir non podo de verdade, mais ca un anaquiño ao día, ao desconectar nas clases onde me ensinan a darlle limosnas aos rapaces de 0-6 anos. O peor é que limosno á mesma persoa, pero espero non limosnala máis.
venres, 26 de setembro de 2014
Dolor póstumo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario