sábado, 18 de xaneiro de 2014
FIN
Moitas veces fálase da morte como fin do traxecto ao que denominan vida. Pois a fin foi dada nestes días non pola morte senón que por unha rapariga. Cando a alguén lle deixas de importar e pasa de ti sínteste a pior merda do universo. E se esa persoa che dixo que te amaba tempo atrás sínteste enganado, frustrado e cabreado. E se chorar non é a solución axuda a ve-lo todo máis claro. Pois cando un chora está a derramar o zume dunha laranxa que fai do seu xugo a calma. E como toda tempestade vai seguida dunha calma ti reláxaste e ve-lo. Ves que dúas gotas de auga se poden rozar e mesmo xuntarse, pero que caerán ao chan coma o plomo e quedarán descompostas. A vida máis ca un río é coma a chuvia, caemos ata morrere. E se a xente trata de baixar contigo ben, e senón xa se xuntarán todos abaixo deformados. Pode que comezara isto cos ollos húmidos, pero como cada un ten a súa forma de se desafogare a miña é a escritura. Gústame escribir neste blog porque sei que vai quedar pra min meus sentimentos posto que ninguén me lee. E en vez de sentirme eu marxinado síntome coma un neno nun paraíso de xoguetes pra min so. Quixera que algún día non só escriba pra me relaxar, senón escribir para vos entreter, lectores invisíbeis.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario