luns, 9 de xuño de 2014

Venandi et homines.

Ás veces unha persoa só sinte a compaña da súa almofada, nin a si mesma se deixa acompañar, pois non desexa ser ela mesma. Non por iso despreza a vida, pois o único que lle gostaría sería vivir noutro corpo. Nun mundo onde os cabrós morren e a humanidade só fai estragos a si mesma como dixen nun post anterios (cortándose as ás), non hai peor cousa ca non quererte, e non é raro hoxe en día, pois todo se trastoca pra facer un día normal nunha kk e ver que todo o tempo invertido nunha persoa o tira pola borda nun momento no que ves caer unha parte de ti. Esmagada contra o chan a causa da forza descuberta por Newton, fará cousa de trescentos anos? Pode ser. Pero esa parte miña, morta xa polo efecto da gravidade non é máis ca outro anaco de min desprendido pola regra xeral que teño de querer e axudar. Ser boa persoa só me serviu para que me esmaguen cal formiga día a día. Pero o cambio non chegou pois a lus desta vela nunca morre. Miña forma de ser é produto duns valores que antepoño ante todo crime e dor que me causen, porque non nego un saúdo e unha reconciliación co mundo. Porque o pardal non foi comido polo lobo. Porque o lobo ferido non se rende ante unha humanidade que o destroza. O lobo aguanta. O lobo resiste. O lobo pode. O lobo, ferido gravemente, non deixará aos demáis lobos a pesar desta humanidade suicida. Esta humanidade brutal e guerrilleira internamente. Porque o capitalismo arrasou coa perspectiva social da xente. Porque non vexo a fin da lista de persoas personalistas e caprichosas que estas cidades e súa forma de entender o mundo lle deu a esta penúltima humanidade. Porque o superhome non é bon. Porque o bon cristiano non é tan bon. Porque o lobo trata de ver un camiño de bondade que non existe ultimamente. Porque o lobo tratou de facer xustiza cuns furtivos de persoas, cuns furtivos de vidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario