martes, 3 de xuño de 2014

A dureza tenra.

Ogallá puidera explicar este cambio que me aconteceu nestes meses, supoño que sería a dureza do selectivo, ou a dureza da vida en xeral. Pero tamén cambiou miña forma de tratar á xente, sendo duro con quen fixo algo mal sen deixar agochada unha pouca tenrura, coma se de un pai me tratase. O certo é que o cariño que nesa dureza amosei non foi máis ca a miña forma de expresarlle ante esa persoa que ten que darse conta das cousas, que vou estar con ela, pero que ten que porse en pé e seguir adiante. Tal vez fun moi duro últimamente con Minia. Pero se les isto quero dicir que estando ausente seguinme a preocupar polos teus problemas, que non me esquezo da xente realmente importante e que a dureza de cando cometiches erros e estabas afundida foi dende o cariño coa intención de que melloraras e maduraras como rapaza. Que en un ano, un mes e dous días eres muller. Quérote Mimi. Non o esquezas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario