mércores, 3 de abril de 2019

Educación.

Estou canso. Mellor dito farto.
Estou farto de que non teñamos unha educación digna nunha carreira de educación. Que os inimigos de que esta triunfe sexan máis os internos ca os externos. Estou cabreado porque o acceso a esta só dependa dunha nota e non haxa exame moral. Estou ate os collóns de que o profesorado peque de buenismo ou mesmo de preguiza.
Penso que esta carreira merece o suficiente respecto como para esixir unha educación dura e digna, o cal non implica que sexa imposible pero si máis esixente en todos os aspectos.
Hoxe chorei por esta carreira, mais hoxe comprendín que son digno dela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario