domingo, 2 de xuño de 2019

Ali.

Hoxe sei que che tivese encantado a rapaza coa que estou a saír. Non só é intelixente e fermosa, é que é tan boa rapaza como o son eu.
Nunca pensei que me vería nunca tan claro cunha rapaza no futuro como con ela.
Para que te poidas facer unha idea ten o cabelo longo e rizo, ollos escuros e o sorriso fermoso. É moi alta (como dirías ti "perfecta para min") e estou seguro de que terías charlas marabillosas con ela. Abofé que nunca me vin nunha relación tan a gusto e con tanta expectativa de futuro. Agardo que esteas onde esteas, te sintas ogulloso de min.

Con afecto, Pablo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario