mércores, 10 de setembro de 2014
Amor.
Como podo expresar esa sensación que se sinte ao ver á persoa á que amas ao teu carón, tirada na herba preto túa sorrindo e coidándote?. Como non coidar á persoa que é a única á que mimarías e lle darías os caprichos que quixer? Sinceramente, eu agora, a día 10 de setembro do ano 2014 podo dicir que levo amando tempo de abondo a unha sóa persoa como pra dicir que sei o que é o amor. Que te desvives por que esa persoa reciba os bos días, para que tamén teña as boas noites que merece, para que sorría como unha parva ao ver as túas paranoias de borracho ao encender o móbil á mañá seguinte de que eu saia da festa. Quen é capaz de pedirme que a chame as cinco só pra saber que volvín ben á casa e fai o mesmo cando ela sae, quen pode bicarte cuns beizos que fai que o sol se derreta por a calor do amor que lle chega da Terra. Por un deus de calquer relixión que ve coma nós somos capaces de compensar toda mala acción doutro ser humano. Como ela sinte cada defecto sexa físico ou sentimental coma se fose unha virtude. Como non hei de amar a esa persoa? Sería inhumano pola miña parte non sentir o que sinto por ela. Porque sinceramente ela quéreme por como son e non me quere cambiar, ela ámame a min e non a unha vaina, e eu ámoa a ela e non a vaina que a xente quixo ver nela. Ámoa e xa sei o que é o amor, soa a cursilada, pero necesitaba soltala. S.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
E tiven que borrar o comentario mil veces porque non hai nada que se aproxime a escoitar a túa voz desgastada as cinco da mañá un sábado pola noite. Nin á do domingo pola tarde cansado de vivir xurando que cambiaríamos de vida, pero xuntos. Nin á do luns pedindo outro venrnes de esperanza.
ResponderEliminarHai corpos que nacen separados, como é de esperar, e a vida xunta por un motivo ou outro. Ao mellor hai distancias non tan distanciadas e ceos moito máis preto da terra que unha flor ao seu tallo.
E penso en horas e días e non os imaxino sin ti, por moito que tente esforzar a miña desquiciada mente.