mércores, 5 de outubro de 2016

Sae o sol.

Hai momentos nos que todo volve a ter un contido, unha finalidade que xa facía ben que non conseguías ver.
Son momentos nos que a enerxía contida no teu corpo sae polos poros.
Proxectos, ilusións. Todo suma e fai de momentos así de entrañables, que fan tanta falta para sentirse vivo e formar parte dun mundo que non para de se mover.
Porque para todos hai baches e momentos duros, mais todos pasamos por este tipo de momentos, momentos de soñar e onde o que che ilusiona fai que, outra vez máis, saia o sol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario