mércores, 10 de decembro de 2014

Como...

Como unha vida paralela. Como unha canción de Fito. Como o vento na ventá. Como un acorde de Iñaki. Como un verso de Castelao. Como unha racha de vento en Finisterre. Como a calor da chama na chimenea. Como unha cabeza chea de paxaros, disecados. Como a ferida dun coitelo. Como un corazón feito anacos. Como un mes frío de maio. Como a luz do sol nun decembro, non quenta. Como a lúa chea para os amantes estragados. Como a vida sen goberno. Como un anxo caido do ceo. Como o cu do vaso de wisky. Como unha vida sen desexos. Como un poeta nun deserto....

1 comentario:

  1. Como la distancia inexistente cuando se trata de nosotros. O como una andaluza de Cartagena sin su gallego, quizás.

    ResponderEliminar