Áchome nalgún lugar de entre alí e alá. Un lugar perdido da man do home e da natureza. Un lugar dunha pureza endexamáis vista. Áchome nun lugar tan descoñecido como acolledor, sinto que podería ser o lugar onde comezarei unha nova vida. E farei a miña lista da compra, quero que neste lugar se atopen dúas cousas básicas: a primeira será atoparme a min, co meu xenio e a miña felicidade; a segunda será atopar á miña felicidade agardando na porta deste novo lugar. Neste lugar hei de construír un novo tabique para que non entren se eu non dou permiso, será como a parede da célula que funciona por ósmose. Si, farei un lugar precioso onde me resgardar de todo, volverei pra miña casiña moi ledo de saber que me atopei, que seguín o rastro que deixou o meu corazón e a miña alma e alí formarei a miña nova vida. Coa mirada perdida no horizonte, vendo esta paisaxe que traerá unha nova esperanza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario